Català | Castellano | English | Français | Deutsch | Italiano | Galego | Esperanto
En aquest lloc «web» trobareu propostes per fer front a problemes econòmics que esdevenen en tots els estats del món: manca d'informació sobre el mercat, suborns, corrupció, misèria, carències pressupostàries, abús de poder, etc.
Fronte | Quen somos? | Contacto ed e-mail | Blog

• Publicacións:

Pequena historia da moeda.
Agustí Chalaux de Subirà, Brauli Tamarit Tamarit.

O Capitalismo Comunitario.
Agustí Chalaux de Subirà.

Un instrumento para construír a paz.
Agustí Chalaux de Subirà.

• Publicacións do Centro noutros idiomas:

Ensaio sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras, Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català). (English).

El poder del diner (O poder do diñeiro).O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).



Documentos multimedia.

Documental A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).

Dúas entrevistas a Martin Armstrong. O visionario.

Martin Armstrong consultor bancario independente que perfeccionou o estudo dos ciclos económicos de Kondratiev, xa vaticinou que o nacemento do Euro levaba o xerme da súa propia destrución, posto que se trataba dunha unión monetaria, sen unha unión fiscal e sen unha unión da débeda. Ou, dito doutro xeito, sen incorporar a capacidade pública de inventar e desinventar diñeiro sen xerar débeda.

Agora advírtenos dunha nova crise, que pode ser aproveitada para impor a eliminación do diñeiro anónimo, pero cunha rede monetaria telemática non en mans dunha xustiza independente, senón en mans dos bancos, co que se concretaría unha auténtica tiranía telemática, onde o individuo que proteste pode ser desposuído arbitrariamente de toda a súa capacidade de compra.

Ofrecémosvos dúas entrevistas que informan do labor perseverante de Martin Armstrong. Aproveitemos este excelente labor, para reivindicarmos un Sistema Xeral que instaure unha economía ao servizo das persoas e dos pobos, afastada tanto da tiranía telemática, como do (anti)sistema corrupto e irresponsable que imperou durante 4300 anos.

Equipo do Centro de Estudos Joan Bardina.
Mércores, 1 de xullo do 2015.
Tradución ao galego: Vicenzo Reboleriro González.


La Vanguardia (A Vangarda). Logo.La Vanguardia (A Vangarda). Xoves, 25 de xuño do 2015.

Á Contra.

Martin Armstrong, consultor financeiro independente.

«En outubro teremos crise da débeda dos gobernos».

Historias escabrosas.

Entre whisky e whisky cóntame a súa historia, que puiden coñecer no magnífico documental The Forecaster (O visionario), de Marcus Vetter, que se emitiu en DocsBarcelona e que explica con rigor, datos e testemuños, como o seu modelo de predición económica o levou a asesorar a gobernos e investidores internacionais, como os banqueiros máis poderosos de Nova York tentaron afundilo acusándoo de estafar 3.000 millóns de dólares, e como a CIA tentou facerse co seu sistema para evitar que fixese público o esquema piramidal en que se baseou a débeda mundial durante décadas. Hai anos que Armstrong prediciu que o 1 de outubro do 2015 haberá unha crise da débeda que sacudirá a economía mundial.

Martin Armstrong. Foto: Inma Sainz de Baranda.
Martin Armstrong. Foto: Inma Sainz de Varanda.

Aos 15 anos xa era vostede millonario.–

–Fixen diñeiro comprando e vendendo moedas antigas. Aos 23 xa publicaba predicións sobre o mercado do ouro asesorando  investidores e até bancos suízos.–

Desenvolveu un modelo económico que proba de forma matemática a existencia de ciclos na economía.–

–Interesábame moito o porqué do ciclo de subidas e caídas nos mercados. Estudei enxeñaría informática e intelixencia artificial e creei (1972) un programa que relacionaba diferentes campos, datos económicos, coa miña grande paixón, a historia. O programa analizaba unha grande base de datos na procura dun patrón que explicase eses vaivéns da economía mundial.–

E encontrouno.–

–Observei que os pánicos financieiros, desde 1683 ata 1907, estaban separados por unha media de 3.141 días (8,6 anos), o número «pi» multiplicado por mil. E así xurdiu o meu código, que non só predice a caída das economías, tamén predice guerras e cambios políticos.–

Converteuse no asesor máis requirido do mundo.–

–En 1983 fundei Princeton Economics Group, e seguín crecendo con delegacións en todos os mercados do mundo. Moitos gobernos solicitaron os meus servizos, mais non necesariamente facían o que lles recomendaba.–

Prediciu o crasch de 1987, o colapso do Nikkei (1989) e o colapso financeiro de Rusia (1998), trinta días antes de que ocorrese.–

–Todo está interconectado: se por exemplo alguén decide invadir un país, antes prodúcense grandes movementos de diñeiro. Cando o London Financial Times publicou en portada a miña predición da caída financeira de Rusia, a CIA quixo comprarme o programa, mais negueime, porque non o querían para axudaren a xente, senón para xestionaren o poder.–

Non creo que se rendesen tan facilmente.–

–Son bo programador, todos os meus computadores estaban interconectados: se un sufría unha interferencia, o sistema deixaba de funcionar.–

Convidárono a formar parte dun grupo de banqueiros poderosos.–

–Si, o Clube de Nova York de investidores, xente que estaba en fondos de risco. Non quixen formar parte do seu sistema de vida. Eu xa voaba en primeira, xa durmía nos mellores hoteis, tiña unha casa magnífica... A partir dun nivel é imposible vivir con máis luxo e gastar máis, entón gañar diñeiro convértese no xogo de Monopoly, cómpranse e véndense compañías. Non quixen traspasar esa liña.–

Unha cuestión ética?–

–Antes o banco coidaba do cliente, creábanse empresas novas que daban postos de traballo. Os créditos son para iso. Hoxe todos funcionan como bancos de transacción, non lle importas nada, déixanche diñeiro e véndenlle a débeda a outro, iso é todo.–

A súa xenialidade foi castigada con once anos de cárcere.–

–En 1999 avisei a Amada Corporation, importante cliente xaponés do sector do metal, de que o clube de intocables –Goldman Sachs e un grupo de bancos de investimento– ían manipular o prezo do mercado do metal.–

Deduciuno o seu computador?–

–Si, e iso creou grandes e inesperadas perdas ao clube. A reacción foi acusarme de fraude e fun demandado por conspiración con dous empregados do Republic Bank of New York.–

Condenárono.–

–Eu rexistraba todas as conversacións para demostrar a legalidade do meu traballo, pero o xuíz non admitiu esas gravacións como probas da miña inocencia. Incriblemente, nomeou administrador da miña sociedade a un alto executivo de Goldman Sachs. No 2001 o Republic Bank of New York (xa HSBC) foi declarado culpable de fraude e obrigado a restituír danos e prexuízos tras comprobar que non existía tal fraude.–

E por que non o soltaron?–

–Ao HSBC, membro do clube, non lle interesaba que falase. Ademais, a CIA quería o meu poderoso programa e eu seguía sen entregarllo. Tras os sete anos, encarceráronme cinco máis por desacato á autoridade.–

Como acabou o asunto?–

–Tiven sorte, o meu caso chegou ao Tribunal Supremo e deixáronme en liberdade (2011). Os bancos tiveron que pagar 5.700 millóns de dólares en multas por actos criminais, os que eu empecei a denunciar en 1999.

Que aprendeu no cárcere?–

–A non renderme, e non me arrepinto. Agora pretendía retirarme, mais os meus clientes volveron porque saben que non son parte da política nin dos banqueiros. En setembro colgarei o meu programa en internet para que estea a disposición de todo o mundo de maneira gratuíta e espero que axude a facer cambios políticos.–

Cales son hoxe as súas predicións?–

–En outubro deste ano comezará unha crise da débeda dos gobernos (historicamente, ningún sobreviviu) que alcanzará o punto álxido no 2017, e estes veranse forzados a ser máis agresivos cos cidadáns para manteren o seu poder, con máis impostos e suprimindo na medida do posible o dereito de voto.–

Cal é a súa esperanza?–

–Que os cidadáns tomen conciencia de como se reducen os seus dereitos, xa nos están preparando para eliminaren a moeda e para que funcionemos electrónicamente a través dos bancos e, así, non teñamos capacidade de manobra.–

Ima Sanchís.


Die Welt. Logo.Die Welt. Xoves, 7 de maio do 2015.

Producirase un gran «crash».

Martin Armstrong prognosticou a crise, actuando como vidente e estrela dos mercados financeiros. Logo pasou ao cárcere sen xuízo, agora está a axustar as súas contas e prognostica o próximo «crash» con data e todo.

Por Nando Sommerfeldt, Holger Zschäpitz.

O analista Martin Armstrong atreve con modelos informáticos a facer declaracións precisas sobre a caída da bolsa. Foto: Steffen Roth.
O analista Martin Armstrong atreve con modelos informáticos a facer declaracións precisas sobre a caída da bolsa. Foto: Steffen Roth.

A caída de Roma custoulle a Martin Armstrong ao redor de 100 millóns de dólares. Todo ese diñeiro pasou polas súas mans nun período duns 30 anos, para establecer as causas da caída económica do imperio romano. A el interesáballe establecer con que rapidez se produciu realmente o final. Para iso tivo que localizar e comprar todas as moedas dispoñibles. El cría poder descubrir a velocidade da caída de Roma en base á diminución do contido de ouro das moedas.

Armstrong é un home que quere saber as cousas con exactitude, e para iso non escatima ningún esforzo nin gasto. Desenvolveu o «Código Pi», que moitos expertos aínda hoxe consideran unha especie de fórmula mundial. El mostra como funciona a economía mundial e manifesta o eterno alternarse das economías.

E realmente Armstrong xa prognosticou crises coa exactitude dun día. Así prognosticou por exemplo o «Luns Negro» de outono de 1987, a primeira caída das bolsas desde a Segunda Guerra Mundial. Naquela ocasión o Índice Dow-Jones sufriu unha perda do 22 por cento, a máis elevada da súa historia nun só día. Armstrong tamén anunciou con toda precisión a caída do índice Nikkei de 1989 e a crise rusa de 1998.

Nun pasado máis recente tamén estivo excepcionalmente acertado. Xa en 2012 preanunció que a banca nacional suíza non podería axustar o franco ao euro por moito tempo e con iso enfrontarse ao mercado de capitais. A súa predición converteuse en realidade ao comezo deste ano.

Estas crises foron previstas por Martin Armstrong.

Luns negro. Índice Dow Jones en puntos. Xaneiro 1987 -> Xaneiro 1989. Foto: Infografik Die Welt.
Luns negro. Índice Dow Jones en puntos. Xaneiro 1987 -> Xaneiro 1989. Foto: Infografik Die Welt.

A primeira caída da bolsa despois da Segunda Guerra Mundial foi o Luns Negro, no cal o Dow-Jones perdeu no curso dun día case un cuarto do seu valor. Na historia das finanzas pasou a chamarse Luns Negro.

Punto máis alto do Nikkei. Índice en puntos. Xaneiro 1989 -> Xaneiro 1991. Foto: Infografik Die Welt.
Punto máis alto do Nikkei. Índice en puntos. Xaneiro 1989 -> Xaneiro 1991. Foto: Infografik Die Welt.

Desde o pico de 1990 ata hoxe o Nikkei non volveu a recuperarse.

Crise rusa. Índice RTS en puntos. Xuño 1997 -> Xuño 1999. Foto: Infografik Die Welt.
Crise rusa. Índice RTS en puntos. Xuño 1997 -> Xuño 1999. Foto: Infografik Die Welt.

O índice indicador ruso RTS (Russian Trading System) caeu con forza na segunda metade dos anos ’90.

Quizá isto pasou tamén coa colección de moedas romanas. Formaba parte dun dos bancos de datos económicos mundiais completos. Xunto cun exército de centos de colaboradores, Armstrong recolleu información dos pasados 6.000 anos.

A súa fórmula mundial, coa cal fixo millóns, espertou cobizas e levou a un dos escándalos financeiros máis misteriosos da historia da economía. De maneira absolutamente sorprendente foi incriminado de estafar aos seus clientes centos de millóns de dólares por medio dun sistema de bóla de neve. Perdeu doce anos da súa vida detrás das reixas sen ser xamais sentenciado.

Sobre as circunstancias do seu encarceramento hai diferentes versións. Así a autoridade bolsista americana SEC fala dun caso de culpabilidade confesada por parte de Armstrong, confesión que el faría despois de sete anos dos feitos. O mesmo Armstrong considérase un inocente, que tivo que purgar doce anos no cárcere sen probas convincentes nin condena.

O visionario. Cartel inglés.O seu historial coa fórmula mundial e o seu misterioso encarceramento son tan espectaculares, que o director de cinema documental alemán Marcus Vetter fixo unha película da súa historia. A cinta The Forecaster (O visionario) chegará aos cinemas alemáns o 7 de maio. Previamente este home de 66 anos bota unha ollada á súa vida, á súa fórmula, e aos seus inimigos. E dá a data para o próximo «crash».

Die Welt: Investidores de éxito, como Warren Buffet, George Soros ou tamén Bill Gross son lendas. Con todo, só «mozos malos» como Nick Leeson, Jordan Belfort ou naturalmente Gordon Gekko convertéronse en estrelas de cinema. Agora chega ao cinema vostede e a súa historia, É tamén vostede un «mozo malo»?

Martin Armstrong: Non. Por outra banda nunca tivemos problemas con Nick. El pagounos sempre. Eu podo, con todo, contarlle algunhas cousas sobre el e a súa alegre relación cos bancos. Os banqueiros necesitan estes malos illados, para afastaren de si as maldades que eles cometen. Mentres eu teño varios informes de banqueiros e non hai moito pregunteilles se é fisicamente posible non saber onde desapareceron un billón de dólares.

Die Welt: E Cal foi a resposta?

Armstrong: Unha risotada. Mais a pregunta era seria. Finalmente, os banqueiros como Goldman Sachs afirman repetidamente: «Perdemos oito billóns de dólares. Non temos nin idea de onde pode estar o diñeiro.» Isto é unha tontería. A verdade é que finalmente non houbo ningún golpe de man bancario.

Die Welt: Con todo, vostede foi tratado como un asaltante de bancos, e estivo doce anos no cárcere.

Armstrong: Si, mais malia atoparme no cárcere, nunca fun sentenciado. O tribunal sostiña que eu fixera algo ilegal e eu dixen que non.

Die Welt: Vostede non foi nunca sentenciado e con todo non obtivo a liberación durante anos. Como pode ser isto?

Armstrong: Eu chamaríao un empate á mexicana. Había un conflito no cal ningunha das dúas partes podía gañar. O lexislador quería a miña información e eu negueime a darlla. Por conseguinte, sinxelamente mantivéronme preso, sen ningunha outra base.

Die Welt: A vostede acusárono de estafar aos seus clientes con máis de 700 millóns de euros polo sistema da bola de neve.

Armstrong: Si, mais isto é mentira. O meu banco – como fan moitos bancos – da noite para a mañá apoderouse do meu diñeiro. E á mañá seguinte non o devolveu ás nosas contas. Desaparecera. Non perpetramos ningún sistema da bola de neve. O banco estafounos. quedouse co diñeiro.

Die Welt: Que sucedeu entón?

Armstrong: Quixemos querellarnos e interpuxemos un procedemento xudicial de urxencia. Con todo o goberno opúxose. Así protexeu o banco e a min incriminoume.

Die Welt: Non lle parece un paradoxo que nin un só banqueiro acabase no cárcere polas manobras da crise financeira, e vostede pasase doce anos tras as reixas?

Armstrong: Non se trata dun paradoxo. É lóxico. Finalmente os bancos traballan de xeito conxunto cos gobernos. Teñen o labor de colocaren a débeda do estado. Este é o problema central. Eles inflan cada día un pouco máis o mundo. A estreita relación entre política e bancos é o problema central da nosa economía. Apóianse mutuamente.

Die Welt: Bear Stearns e Lehman foron pasados a coitelo.

Armstrong: É verdade. En Washington non se esqueceu que Bear Stearns en 1998 se negase a participar no salvamento dos Hedgefunds (fondos off-shore) LTCM. E Lehman era un dos maiores competidores do banco Goldman Sachs próximo ao goberno. O ministro de finanzas Hank Paulson quitoulle do medio un competidor á súa antiga empresa.

Die Welt: Os teóricos da conspiración non poderían explicalo mellor.

Armstrong: É a verdade. A estreita relación entre política e o clube dos banqueiros é a razón pola cal dei o meu consentimento para a película.

Die Welt: O Wall Street Journal nos anos 80 escribía que as persoas que cren que falar costa pouco, non falaron nunca con Martin Armstrong. Entón vostede cobraba como consultor uns honorarios de 30 dólares por minuto. Que cobra hoxe?

Armstrong:  O negocio vai ben. Só podo dicir isto.

Die Welt: Supostamente vostede atopou a fórmula mundial e é outra vez un home solicitado, que advirte contra o gran colapso da débeda. Ten tamén unha solución para este problema?

Armstrong: Temos que transformar esta débeda en capital produtivo. No caso de empresas excesivamente endebedadas, as débedas deben ser cambiadas en participacións nas empresas. Os acredores dunha empresa insolvente son os seus imprevistos propietarios. Por iso mesmo deben de responsabilizarse das débedas ante o estado.

Die Welt: En que título de propiedade se quixo cambiar as débedas estatais? E nese caso os tenedores de débeda federal obteñen participacións na cancillería federal ou noutras propiedades do estado como empresas públicas?

Armstrong: No meu modelo os acredores non reciben ningún pago fixo de intereses do estado alemán. O diñeiro máis ben flúe en investimentos produtivos, en empresas que crean postos de traballo.

Die Welt: Soa a gran capitalismo de estado, no cal os burócratas invisten diñeiro en calquera empresa.

Armstrong: Por favor! Os cupóns que os acredores alemáns reciben polos seus empréstitos ao estado poden ser cambiados en participacións en empresas da súa elección. Desta maneira hai moito capital a disposición co cal se financia ao empresariado privado e dinamízase o crecemento.

Die Welt: Ou un sistema de propiedade popular orquestrada polo estado.

Armstrong: Non me gusta ningún sistema de empresariado estatal. Teñen que ser empresas exclusivamente privadas. Os estados non crean nada, non producen nada. As administracións non están en condicións de levar a cabo ningunha acción intelixente, nin tan só un distribuidor automático de goma de mascar.

Die Welt: Como di?

Armstrong: Os estados non son capaces nin sequera de pagar as súas débedas.

Die Welt: Por que deberían pagar as súas débedas os estados, cando eles, ao contrario do que pasa cos suxeitos económicos, viven eternamente?

Armstrong: Porque o sistema simplemente non funciona. Como xa dixen, as administracións non producen absolutamente nada, non están en condicións de dirixir as cousas de maneira eficiente. Como medio de elección as administracións seguen aumentando os impostos, para poder atender a débedas cada vez máis altas.

Die Welt: Que cambio político preconiza?

Armstrong: A política non aprende dos seus erros. Xa Marx ou Keynes dicían que as administracións teñen que enfrontarse e engrasar as vicisitudes da vida económica. Pero isto non funciona. O ciclo vence sempre. Isto pertence á natureza humana. Isto descubrino nas miñas investigacións históricas.

Die Welt: Pero se todos os actores coñecen a fórmula mundial e actúan en contra do ciclo, entón a fórmula perde o seu valor.

Armstrong: O ciclo non morrerá nunca. Mesmo cando se lles di aos nenos que non toquen o lume, cada neno desexa facer a súa propia experiencia. Iso mesmo é o que pasa cos actores económicos adultos.

Die Welt: Como deberiamos empregar o noso diñeiro na presente situación?

Armstrong: O mellor é seguir o ciclo, en lugar de tentar loitar contra el. Estar sempre cando vai para arriba, e cando alcanzou o punto máis alto retirarse.

Die Welt: É máis fácil de dicir que de facer. En concreto que deberiamos facer?

Armstrong: Na actualidade en todo caso afastarse da débeda do estado, está desesperadamente sobrevalorada. Aquí chegará o gran crash. O meu modelo anuncia o crash para o 1 de outubro.

Die Welt: Pero as accións están aínda en boa saúde, sobre todo a Dax.

Armstrong: Moitos investidores seguen especulando sobre o desmoronamiento do euro. Compran accións alemás ou débeda federal porque saben que estes investimentos en caso de dúbida cotízanse en marcos alemáns fortes e non en moedas débiles. E a probabilidade dunha desfeita do euro é moi alta.

Die Welt: Pode dar unha aproximación máis exacta?

Armstrong: Eu diría que o risco de caída é do 90%. Todo o proxecto está absolutamente mal montado. Para que o euro teña unha probabilidade fronte ao dólar tíñase que traballar desde o principio sobre un mercado de débeda unificado. As grandes empresas de investimentos queren investir os seus centos de billóns en empréstitos estatais en euros unificados e non en empréstitos federais ou en títulos de débeda italianos.

Die Welt:  Está vostede por unha unificación da débeda?

Armstrong: Poden tomar á EE.UU. como modelo. Alí Alexander Hamilton desde o principio xuntou as débedas estatais dos estados federais nun  empréstito único: máis tarde os estados federais pasaron a depender de si mesmos. Debían asumir as súas débedas e ser responsables delas. Se só California vai á quebra, nin o dólar nin o sistema bancario USA  se arruínan. Precisamente é o sistema americano que suxerimos á comisión europea, que nos pediu consello para a introdución do euro. A débeda unificada é a columna vertebral para establecer a base dun proxecto do euro como sistema monetario da comunidade.

Die Welt: Cal foi a resposta?

Armstrong: Díxosenos que non era politicamente factible, que había que empezar primeiro co euro e máis adiante regular o tema das débedas. Por tanto tamén o Bundesbank estaba en contra do euro e seguía pasándonos continuamente información fiable.

Die Welt: O Bundesbank viu o erro do nacemento do euro?

Armstrong: En calquera caso foi un erro o non dotar ao euro cos empréstitos comúns. Por iso hoxe en día o sistema bancario europeo é tan inestable. As institucións non poden comprar papel seguro e uniforme, senón que compraron papel grego, italiano ou español, e cando un estado  se atopou con problemas tamén os bancos cambalearon. Se se constituíran reservas conxuntas con empréstitos unificados, a eurozona acharíase hoxe moito mellor. Agora temos esta terrible armazón de problemas estatais e fracasos bancarios.

Die Welt: O presidente do Bundesbank Jens Weidmann manifesta hoxe a necesidade de romper o círculo diabólico entre os bancos e os estados.

Armstrong: É demasiado tarde. Todo o sistema acabará colapsándose tarde ou cedo.

Die Welt: Cando será o colapso?

Armstrong: A economía da eurozona atópase a pesar de todos os cálculos aínda en recesión, mesmo na EE.UU. Vivimos apenas unha pequena recuperación despois da crise financeira de 2008. Hai aínda moitas oficinas baleiras. A recuperación dos mercados accionarios apenas encobre a verdadeira situación da economía. Todos queren asegurar o seu diñeiro.

Die Welt:  E agora que?

Armstrong: Xa non existe un lugar onde se poida pór o diñeiro con boa seguridade. Quizá en EE.UU., despois de que rebente a burbulla da débeda do estado, se dea outra vez a posibilidade de subir, despois dun replantexamento das accións. Mais tamén entón en calquera momento chegará o final.

Die Welt: Que di o seu modelo?

Armstrong: O gran crash chegará en 2017 ou 2018.

Ligazón da noticia orixinal en lingua alemá:

http://www.welt.de/finanzen/geldanlage/article140550440/Es-wird-zu-einem-grossen-Crash-kommen.html

Armstrong Economics web:

https://www.armstrongeconomics.com


Ligazóns relacionadas:

A moeda e a Constitución.

A desunión fiscal europea. Joan Casals.

O primeiro estado de dereito do mundo.

Home | Publicacións | Contacto ed e-mail